isapoema

Enhoraboa Rosalia

Non podo deixar pasar

éste día así sin máis

eu teñoche que decir

unha cousiña na mais


Eu non sei falar galego

pero este ano aprendo

xa estou aqui anotada

pra facer un curso cedo.


Eu queríache decir

que por ese pobo teu

que lle chamamos Padron

fixeronche unha estatua


E puxéronlle uns versos

daqueles que tí escribías

eses versos que ben falan

do galego e da morriña.


Eche ben bonita é

mismo onda o río pasa

alí cerquiña da ponte

onda a fonte de Santiago


Xa sabes, aquela fonte

que fixeron ao apostol

ao apostol de Santiago

que parou nese teu pobo.


Ainda están alí os patos

nese que foi o teu río

estanche ben cebadiños

todos todos moi gordiños-


Tamen terás que saber

que nese mismo pueblo teu

naceu outro escritor

que lle chamaban José


Era camilo Cela

cunha letra divertida

ben che era algo gordete

mais non tiña a túa morriña


En Padron agora os domingos

fan unha feira moi grande

alí vendenche de todo

xuntase media barbanza


Ainda está o teu lar

de pé en medio do lugar

ali donde fai o cruce

ali onde sempre está


A Camilo Jose Cela

tamen lle fixeron estatua

a sua está na carretera

todo serio e moi formal.


Tamen lle fixeron museo

andan todos enloitados

porque a viuda quedou con todo

e o fillo quedou sin nada.


Enhoraboa Rosalia

hoxe estás de cumpreanos

xa cento setenta e cinco

casi nada fai un ano


Un saudo e prometo

aprender falar galego

porque é unha vergoña

non saber o meu idioma.