Dime nai:
¿ Quen te entenderá mellor que nos,
os teus fillos,
os que mamamos dos teu peitos ?
¿ Quen te defenderá mellor que nos,
os teus fillos,
os que levamos a túa mesma sangue ?
Os outros,nai, os outros non te queren
porque son os fillos
dos que che esmagaron o corpo,
os fillos dos que che cortaron a lingua,
os fillos de quenes te fixeron escrava.
Tampouco son os teus fillos,
aqueles outros que te negan e te venden,
que desprezan a túa fala,
que te ven como unha tola
ou como unha vella asoballada,
aqueles que iñorantes de si mesmos
andan polo mundo sen patria
porque aínda sendo galegos de corpo
son estranxeiros de alma.
Dime nai:
¿ Quen te entenderá mellor que nos
os que te sentimos na túa mesma fala ?