É verdade que chove
perom cando sae o sol
a miña terra brilla
e chega ao ceo o seu cor.
Dime terra galega
Por qué estás tan calada?
As horas das termitas están contadas xa
centos de gotas de auga
centos de olas do mar
centos de miles de historias
centos que non contarán.
Nunca houbo naquela dorna
naide que chegara alá
nin que soupera daquela
naide naide chourará.
A nosa terra non soio anda
non soio fala
tamén cala cala pechada.
Muda Galicia muda
calada conta isa historia,
por qué non falas?
Pecháronche a boca boca calada,
conta miña terra
conta que fostes grande
túa lingua grande
teu mar grande
conta que tes escondidos
tesouros no mar
conta
espadas, cañons, ouros,
pistoas, moedas, barcos..
enteiros os barcos poden navegar no fondo do mar.
Conta ,
conta que os hai,
que os tes, que os gardas, que son teus.
Galicia fala !! Galicia vive !! Galicia está !! ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Nesta escura hora onde xa non hai cor
nesta mala hora onde xa non hai dor.
Agora dís, agora ques agora hai,
agora.. agora...
Agora non é hora
agora xa paxou
treme e chora treme e voa,
que gardado queda
que gardado foi
lexos marchou a cor.
Aínda houbo que decir
aínda houbo un dor
un sentir un vivir sen amor.
Agora chegas agora non
agora é tarde Perom para mín non.