Co coitelo na man
e na outra o delito
comeza a operación
e logo fago o escrito.
Primeiro clavo dentro
e logo paixaniño
vou xirando ese corpo
que na man teño erguido.
Enton vai o coitelo,
culpable do delito,
e arranca a sua pel con coidado
e amodiño.
No proceso vai xirando,
ao redor do seu corpo
vai a súa folla rozando
todo corpo queda espido.
Ese pracer que sento,
cando a vou deixando espida
cando vexo a sua pel
como cae a mín rendida,
ese pracer que sento
cando a vexo sumisa
deixa que eu a desvista
deixase facer mudiña.
A humidade chega aos dedos
mollando na miña pel,
que a súa pel sea culpable
dame aínda máis pracer.
Rematada a operación
e vendoa así espida
co seu branco camisón
aínda non se rematou.
Ese branco camisón
tapa o fondo da cuestión
e mirando fixamente
querollo arrancar enton.
Sen a pel e sen defensa
agora o coitelo xa roza
o branco do camisón
pero só ca puntiña
porque ela está espida,
o seu corpo xa aflora,
a humidade rebosa,
a calor da miña man
a derrete sen tocar.
Xa está afora o camisón
enton retiro o coitelo.
A agarro e a acerco
aos meus beizos,
e a mordo,
e con eso acaba todo,
cando o zume me remata
e sinto cada humidade
que o seu corpo agasalla.
A miña laranxa
que pouco me durou.
Pero nada é eterno
nen sequera esta ocasión.