isapoema

fun

E fún e vín

cando che vin

lisquín dalí.

 

Fuxín de tí

pra non chorar

sufrir abril.

 

Seique che vín

mais eu non sei

si foi alí.

 

Mais eu sentín

que alí dentro

estabas tí.

 

Alí estabas

sempre esperando 

sempre por mín.

 

Alí che vía 

cunha sorisa

sempre pra mín.

 

Alí fervía

a tolería  

sempre por mín.

 

Cando marchaba

alí quedabas

sempre pra mín.

 

Agora torno

e seique estorbo

sempre pra tí.

 

E fun e vin

cando che vín

lisquín dalí.