Poemas de Camilo

ROSALIA DE CASTRO

Airiños, airiños aires

 178 aniversario de su nacimiento

Airiños, airiños aires,

airiños da miña terra;

airios, airiños aires,

airiños, leváime a ela.

 

Sin ela vivir non podo,

non podo vivir contenta,

que a donde queira que vaia,

cróbeme unha sombra espesa.

Cróbeme unha espesa nube,

tan preñada de tormentas,

tal de soidás preñada,

que a miña vida envenena.

Leváima, leváime airiños,

como unha folliña seca

que seca tamén me puxo

a calentura que queima.

¡Ai!, si non me levás pronto,

airiños da miña terra,

si non me lavás, airiños,

quisáis xa non me conesan.

Que a febre que de min come,

vaime consumindo lenta,

en o meu corazonciño

tamén traidora se ceiba.

 

Fun noutro tempo encarnada

como a color de sireixa,

son hoxe descolorida

como os cirios das igrexas,

cal si unha meiga chuchona

a miña sangre bebera.

Voume quedando muchiña

como unha rosa que inverna;

voume sin forzas quedando,

voume quedando morena

cal unha mouriña moura,

filla de moura ralea.

 

Lenáime, leváime airiños,

leváime a donde me esperan

unha nai que por min chora,

un pai que sin min n’alenta,

un irmán por quen daría

a sangre das miñas venas,

e un amoriño a quen alma

e vida lle prometera.

Si pronto non me levades,

¡ai!, morreréi de tristeza,

soia nunha terra estraña,

donde estraña me alomean,

donde todo canto miro,

todo me dice: “¡Estranxeira!”

 

¡Ai, miña probe casiña!

¡Ai, miña vaca bermella!

Años que balás nos montes,

pombas que arrulás nas eiras,

mozos que atruxás bailando,

redobre das castañetas,

xas-co-rras-chá das cunchiñas,

xurre-surre das pandeiras,

tambor do tamborileiro,

gaitiña, gaita gallega.

Xa non me alegrás dicindo:

“¡Muiñeira, muiñeira!”

¡Ai, quén fora paxariño

de leves alas lixeiras!

¡Ai, con que prisa voara,

toliña de tan contenta,

para cantar á alborada

nos campos da miña terra!

Agora mesmo partira,

partira como unha frecha,

sin medo ás sombras da noite,

sin medo da noite negra.

E que chovera ou ventara,

e que ventara ou chovera

voaría e voaría

hastra que alcansase a vela.

Pero non son paxariño

e iréi morrendo de pena,

xa en lágrimas convertida,

xa en suspiriños desfeita.

 

Doces galleguiños aires,

quitaidoiriños de penas,

encantadores das auguas,

amantes das arboredas,

música das verdes canas

do millo das nosas veigas,

alegres compañeiriños,

run-run de toda-las festas,

leváime nas vosas alas

como unha folliña seca.

 

Non permitáis que aquí morra,

airiños da miña terra,

que ainda penso que de morta

hei de sospirar por ela.

Ainda penso, airiños aires,

que dispóis que morta sea,

a aló polo camposanto

donde enterrada me teñan,

pasés na calada noite

runxindo antre a folla seca

ou murmuxando medrosos

antre as brancas calaveras…

inda dispóis de mortiña,

airiños da miña terra,

heivos de berrar:   “¡Airiños,

airiños, levaime a ela!”

 

Rosalía de Castro