Rosanna Moreda

Verde esmeralda

Para ti, nai
agora que fiquei sen unha escama de pel
e quitaches a túa dun só tirón

a túa pel verde esmeralda
a túa pel de nai morta

póñoma. Quizais, como se adoita dicir
dei un paso.

 Pero mesmo inmersa en espiritualidade non logro vencer coma ti na batalla  do coteno (afundido).

Toquei a cicatriz na pedra. Onte.
Exorciseiche a voz, a túa voz en coma
hai  case 12 anos.
E atrévome a dicilo agora
                                agora
           que tremín
e que xa non teño nada que perder: