Ana Estraviz

Airiños, aires

Airiños, airiños aires

Cal será a miña terra?

Airiños airiños aires,

Airiños, levaime a ela

 

Será acaso a que percorro

Da que tanto amor recibín?

Ou será quizáis, airiños,

Aquela que chama por min?

 

E de cal virá a voz que chama?

Aquela que sempre sentín

Cantan ambas pra miña alma

E con ámbalas dúas sorrí

 

Fala unha de verdades

Destas nas que eu nacín

Do sentimiento de liberdade

Que o abrazo do mundo permite vivir

 

E a outra fala de lendas

Cantan fermosas voces que non ouvín

Lévanme da man por sendas

Que sinto miñas aínda que non percorrín

 

Brisas que me levades

A aqueles etéreos confíns

Brisiñas que me acariciades

Onde doe menos sentir

 

Unides quizáis realidades?

Terei a resposta, por fin?

Espertan, cando soprades

Dous fogares en min?

 

Onde camiñan da man

lendas e verdades

Creo que é aí

 

Airiños, airiños aires

Airiños da miña terra

Airiños airiños, aires

Airiños, levaime a ela