lisbeth22

Alemandas

Fría mañá resurrecta

dunha noite sepulcral

  que prohibia o horinzonte

  a eses que sen ollos ven.

 

E agora ven os meus

  unha fumareda ensaguentada

  polos inocentes corpos

  que sen deixar de queimarse

  escachan por dentro.

 

A mesma que

  con agonicas punzadas

se inxecta nos pulmons 

tinguindoos da sua cor:

 

Un tenebroso rubor

que se extende polo alma

infectando cada vea

da amargura sombreada.

 

No meu ros salpicaba

a choiva eterna.

Choraba pola guerreira

e finaba no negro betun

das miñas botas

sepultadas na lameira.

 

E a que neno 

lle poderia

pasar polo maxin

semellante escena?

 

Supoño que so emerxe 

nas miserables mentes

de aqueles que chorando

esperaban aos seus pais.

 

O perpetuo recordo

 dunha vida que 

nunca chegou a ver

a seguinte Primavera.