PRENDE, prende papel co lume que eu che proporciono, hoxe só traen ira as miñas verbas, só traen enoxo, para que vexades a realidade cos vosos propios ollos RECOLLE, recolle este poema todas as inxustizas habidas e por haber, poemas de tinta negra que levan os infelices grabados na pel, poemas que só co corazón é posible ler. OÍR, oír podo eu o lamento daqueles que viven un diario inferno, mentres que sordos ignorantes con garabata comandan os gobernos creendo facer o correcto e facendo caso omiso ao que non proporciona diñeiro. TRAENDO, traendo guerra e servidume ao “terceiro mundo” a cambio de ganancias, usando xogos de palabras que só intentan aparentar distancias, distancias aparentes que destrúen infancias. ESTOUPIDOS, estoupidos de maldade que fan que o necio vexa acrecentado o seu ser, como o home que se cre poderoso por poñerlle a man enriba á muller, como o drogadicto que cre controlar a droga cando a droga o controla a él. SILENCIO, silencio goberna cada fogar tras observar con impotencia o diario matinal cavilando que non podemos facer máis que esperar. TIRAR, tirar a toalla cando o combate está a piques de comezar, cando eu vexo a unha colonia de formigas pola súa raíña loitar, eu non creo en realeza, pero si creo en paz. OBSERVO, observo consciente de que un “Jaque mate!” conséguese con sabios movementos, alzo o puño ao ceo cunha mensaxe no meu texto, e dos meus beizos só sae unha airada palabra: PROTESTO.
- Autor: Knight (Seudónimo) ( Offline)
- Publicado: 13 de junio de 2010 a las 19:04
- Comentario del autor sobre el poema: Poema no que plasmo a miña rabia contida ante a repugnante imaxe do mundo actual no que vivimos. Vocabulario dificultoso: beizos ---> labios / lume -----> fuego / verbas ---> palabras / cavilando -> pensando / a piques --> a punto.
- Categoría: Sociopolítico
- Lecturas: 64
- Usuarios favoritos de este poema: Jorge G Sifuentes
Comentarios2
Cuanta razon tienes y en lo que expresas hay inconformidad y no hay respuesta en la realidad que uno suenha..
me ha encantado tu forma de expresar.
Mis felicitaciones
un abrazo
!Válgame dios¡...Feliz cumpleaños.
Para poder comentar y calificar este poema, debes estar registrad@. Regístrate aquí o si ya estás registrad@, logueate aquí.