Amizade

Hopping the Night

Son mal amigo?

Dende os meus ledos recordos

vexo que non pasei moito tempo con elas,

podería haberme arranxado mellor

máis desfrutar do momento, pero daquela

non sabía que eran das mellores.

 

Perdín en tempo das cousas

que no final non resultaron nada.

Non sabía, e ainda descoñezo,

se fose merecedor da súa compañía.

Antes fora un cativo moi descoidado,

demasiado verde para as emocións

e sen experiencia para socializar.

 

Cada día invádeme as inseguridades

que o demo tráeme tras saber quen son

-porqué non o pasei mellor- penso tras ver as fotos

-non fun suficiente- dígome ao lembrar os momentos.

 

Pensar que hoxe son as raíñas que teño,

pero non creo que o sepan nin o sabrán.

Aproveito todo de min pra despois non lamentar,

pero sen lanzarlles cadeas nin áncoras

porque tamén fluen na súa vida

e hai que saberlles querer.

 

Levados anos encima, e vistos,

algunhas actitudes reflexan certa inmaturidade

polo que sigo sendo aquel rapaz verdiño.

Non sei se serei o mellor ou o peor,

pero sei que lles quero moito

e non por ser quen son deixarei de querelas.

 

Deus, era feliz sen darme conta de que era e sigo sen ser capaz de chiar.

  • Autor: Hopping the Night (Seudónimo) (Offline Offline)
  • Publicado: 15 de agosto de 2023 a las 15:30
  • Categoría: Sin clasificar
  • Lecturas: 3
Llevate gratis una Antología Poética ↓

Recibe el ebook en segundos 50 poemas de 50 poetas distintos




Para poder comentar y calificar este poema, debes estar registrad@. Regístrate aquí o si ya estás registrad@, logueate aquí.